Monday 13 de May de 2024

O rescate en altura dun gato en Bertamiráns reúne a GES de Brión, Protección Civil e Policía Local de Ames


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión respondeu ás 10:00 horas desta mañá a unha alerta dun gato atrapado no alto dun edificio na avenida da Peregrina de Bertamiráns, no veciño municipio de Ames. Ata o lugar desprazáronse catro técnicos do GES de Brión, coa Bomba Urbana Lixeira (BUL) e, sobre todo, o novo vehículo Auto Escada Automática (AEA), que foi quen deu rescatado ao animal. No rescate participaron tamén un efectivo da asociación de voluntarios de Protección Civil de Ames, así como 2 axentes da Policía Local amiense.